- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- O que xa foi
- Continúan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- 2ª Liga da regueifa de Carballo
- Éxito da regueifa en Villanueva de Tapia e máis en Trovalia (Cartaxena)
- Villanueva de Tapia (Málaga) celebra o seu festival de cante de poetas con trovadoras de 5 países
- A regueifa viaxa a Berlín
- Entrega dos premios da VIII Edición do Enreguéifate
- XIV Certame de Regueifas Escolar do Concello de Vigo
- Certame Enreguéifate 2025
- O "I Campus de Regueifa" reunirá adolescentes regueifeiras de todo o país en Vilalba
- Vilalba organiza o “ I Campus de Regueifa” para a Nova Regueifa
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- As regueifas chegaron a Cuba
- As regueifas animan o Revoltallo
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- Propostas premiadas no certame Enreguéifate 2023
- II Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2022
- XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
- II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)
- IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)
- Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021
- Fin de curso do CIOV 2021
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
XIV Certame de Regueifas Escolar do Concello de Vigo
Enviado por admin o Xoves, 27/03/2025 - 17:29.
O pasado mércores 26 de marzo de 2025 celebrouse a XIV edición do Certame de Regueifas Escolar do Concello de Vigo no auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares.
Cerca de 500 alumnos de ensinanza secundaria de 11 centros de Vigo participaron neste evento no que de novo o IES Santo Tomé foi o que conseguiu un maior número de regueifeiros na final. O segundo clasificado foi o IES Castealo, deixando en terceiro lugar ao IES Alexandre Bóveda.
O alumnado accedeu en 10 grupos de 12 ou 13 compoñentes ó escenario, onde tiñan que pasar tres probas de improvisación en verso (copla de presentación, verso rimado con inclusión de dúas palabras dadas, estrofa cun verso dado de arranque). De cada grupo escolmáronse @s dous mozos/as con maior puntuación da suma outorgada polo xurado, ate xuntar ós/as 20 finalistas. Este ano, ó igual que nos sete últimos, houbo unha ronda adicional, da que sairon os catro primeiros, que en tres minutos tiveron que entrelazar catro estrofas improvisadas no momento, coas palabras e versos, que aportaron os mestres de cerimonia Luís “O Caruncho” e Pinto D´Herbón. O ambiente na platea foi espectacular, con siareiros apoiando ós/ás escolmad@s dos respectivos colexios con pancartas e outros artefactos sonoros e animación e diversión a esgalla, aplaudindo a tódolos improvisadores sen distinción.
Nos próximos meses programaranse máis obradoiros de balde para a mocidade, polo que animamos @s s interesad@s a que se apunten no correo-e da asociación oral@regueifa.org e acudan ás clases gratuitas que promove o Concello no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, que está radicado nun aula do Museo Verbum e que van de setembro a maio/xuño.
