- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Improvisación oral en verso-regueifa con Branca Trigo (continuación curso 2025-2020 e novos alumnos)
- Asemblea Xeral de Soci@s da Asociación O.R.A.L. de Galicia
- "I Certame Nacional de Regueifa Jovem"
- Vigo en galego-Letras Galegas 2026
- Festinha da Regueifa en Compostela
- Novo mapa interactivo da regueifa
- XV Certame escolar de Regueifas
- Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral no CIOV
- XXVIII Certame Internacional de Regueifas
- Certame comarcal de poesía improvisada no Morrazo
- Comeza o curso lectivo 2025/2026 do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Asemblea Xeral de Soci@s da Asociación O.R.A.L. de Galicia
Enviado por admin o Xoves, 10/09/2026 - 11:48.
O vindeiro día 13 de setembro, ás 11:00 en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda, celebrarase no salón de actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a asemblea xeral de socias e socios da Asociación O.R.A.L. de Galicia.
A orde do día é a seguinte:
1.- Lectura da acta anterior e aprobación se procede.
2.- Informe de altas e baixas de socias e socios.
3.- Aprobación das contas do ano 2025, se procede.
4.- Aprobación dos orzamentos para o ano 2026 e da aplicación de fondos dispoñibles, se procede.
5.- Aprobación da memoria de actividades do ano 2025, se procede.
6.- Aprobación do Plan de actividades para o ano 2026, se procede.
7.- Información sobre cuestións varias:
7.1.- Participación Feiras (Culturgal, Festigal...)
7.2.- Módulo de aprendizaxe de improvisación por medio de aplicacións dixitais.
7.3.- Tramitación da Regueifa dentro do inventario inmaterial do Patrimonio Cultural de Galicia.
7.4.- Proposta Regueifesta no Multiusos do Sar, en Compostela, para o 1 de abril do 2027.
8.- Suxerencias e inquéritos.
